GDR 3 Baremo de selección de proxectos

Nas próximas semanas está prevista a publicación da nova convocatoria para solicitar as axudas LEADER que xestionamos dende o GDR Montes e Vales Orientais. Este ano, a convocatoria vén con algúns cambios importantes respecto ás edicións anteriores, por iso, queremos compartir xa convosco o baremo de selección que se empregará para puntuar todas as iniciativas presentadas.

É fundamental coñecer estes criterios para preparar a candidatura da mellor maneira posible e aumentar as opcións de éxito.

O sistema de puntuación varía lixeiramente segundo se trate de proxectos produtivos (aqueles que teñen ánimo de lucro, como negocios ou explotacións) ou proxectos non produtivos (propostas promovidas por entidades sen ánimo de lucro ou administracións para mellorar servizos ou infraestruturas comunitarias). Para os proxectos produtivos, a puntuación máxima é de 100 puntos e para que un proxecto sexa subvencionable ten que obter como mínimo 20 puntos. Para os proxectos non produtivos a puntuación máxima tamén son 100 puntos e para que sexa subvencionable debe acadar como mínimo os 30 puntos.

Podes consultar todos os detalles descargando o baremo completo no seguinte enlace: Accede aquí ao baremo.

Recomendámosche ler atentamente o documento e, ante calquera dúbida, contactar co equipo técnico do GDR, que está á vosa disposición para asesorarvos durante todo o proceso.

Entre todas e todos, seguimos traballando para que novas ideas e proxectos dinamicen o noso territorio e contribúan a un rural máis vivo e sostible.

Recommended Posts