Skip to content

RETTURN - Experiencias TURÍSTICAS baseadas na tradición RURAL

Retturn, tradición Rural
Logos-Retturn

Transformar o concepto "turismo rural"

O proxecto RETTURN persigue a innovación e a transformación do concepto “turismo rural”, centrándose en dar resposta á problemática da perda de patrimonio inmaterial xerada principalmente pola despoboación das zonas rurais. Busca xerar novas experiencias centradas na posta en valor de tradicións rurais en perigo de extinción.

Desde o GDR Montes e Vales Orientais traballamos coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), e xunto ás Federacións de Municipios e Provincias de Andalucía, Aragón, Canarias, Extremadura e Valencia, neste proxecto.

Os obxectivos que perseguimos son os seguintes:

  1. Construir e articular relatos que sexan a base de experiencias inspiradoras que poidan desfrutarse en diferentes puntos de España, pero cun fío común: a posta en valor e a visibilización das tradicións e costumes en perigo de extinción.
  2. Proposta de programas piloto para a xeración de experiencias turísticas coherentes e adaptadas ás diferentes realidades territoriais.
  3. Posta en marcha dunha solución tecnolóxica para a comunicación e comercialización das experiencias turismo tradición do espazo rural España.
  4. Proposta de accións a desenvolver en cada territorio para involucrar aos axentes locais e colectivos menos favorecidos, garantizando así o impacto positivo das experiencias turísticas nas comunidades locais rurais.

Proxectos piloto FEGAMP - GDR Montes e Vales Orientais

Pallozas e teitos de palla

A recuperación do cultivo do centeo afrece unha paisaxe en singular mosaico e unha rica gastronomía ao redor deste cereal. Por outra parte, a palla de centeo e a preservación do oficio tradicional de teitador é esencial para teitar e conservar as pallozas, emblema tradicional da montaña lucense.

Patrimonio popular apícola nos dominios do oso pardo

Na montaña oriental lucense, os apicultores souberon atopar nos muros de pedra seca, que hoxe son patrimonio da humanidade, o aliado natural para defender os trobos das abellas da afición do oso polo mel.

Gandería de montaña e trashumancia

Na montaña de Lugo, a gandería extensiva é unha tradición ancestral que modelou unha paisaxe cultural. O uso da auga para prados de sega e dente, deu lugar a unha perfecta rede de presas e pozos que modela cuncas de alto valor ecolóxico.

Experiencias Retturn

Novas relacionadas

Formacion Sostibilidade e competencias dixitais

Formación especializada en ‘Sostibilidade e competencias dixitais para o turismo rural’

A FEGAMP, organiza en Baleira un curso de especialización en ‘Sostibilidade Turística e Competencias Dixitais’ dirixido a profesionais do sector turístico e tamén persoas interesadas en formarse para desenvolver proxectos
Ler máis
Logos-Retturn