Skip to content

Asociación Montes e Vales Orientais - gdr3

A Asociación Montes e Vales Orientais é unha organización sen fins de lucro que promove o desenvolvemento rural en 13 concellos da montaña lucense: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñíz, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova e Ribeira de Piquín.

Estamos constituídos como Grupo de Desenvolvemento Rural, somos o GDR3, e xunto con AGADER xestionamos os fondos LEADER no noso territorio.

Tamén somos o ente xestor do Xeodestino Ancares - Terras de Burón.

OBXECTIVOS

Paisaxe do territorio Montes e Vales Orientais

Impulsar o desenvolvemento rural do territorio

A Asociación Montes e Vales Orientais constituíuse o 19 de maio de 2016 coa finalidade de converterse no motor de desenvolvemento rural do territorio.

Traballamos para conseguir un desenvolvemento integral e sostible da zona; preservando e poñendo en valor os nosos recursos naturais, culturais, históricos e artísticos.

Desde o GDR3 promocionamos proxectos e iniciativas de interese para o noso rural, prestando especial atención ás persoas mozas, ás mulleres, á protección do medio ambiente e á creación de emprego.

Nunha zona cun grave problema de despoboamento, facemos unha aposta colectiva por asentar poboación e evitar o éxodo cara ás cidades.

Apoiamos iniciativas emprendedoras, o desenvolvemento do noso sector agroalimentario, a recuperación de terras abandonadas e sobre todo, tratamos de poñer en valor un territorio que ten moitos recursos para que a xente decida vivir nel ou desenvolver novas actividades económicas que favorezan a creación de emprego e riqueza.

Tecer redes e facer comunidade

A Asociación Montes e Vales Orientais é un punto de encontro entre os distintos axentes que están implicados en iniciativas de desenvolvemento rural, xa que integra desde as institucións locais ata as entidades representantes da sociedade civil.

Operamos nun territorio moi amplo, polo que unha das nosas liñas de traballo desde os inicios é a creación de comunidade e o fomento dunha rede de networking local. Actuamos así como conectores, fomentando colaboracións e promovendo o intercambio de experiencias e formas de traballo entre diferentes proxectos e iniciativas.

Participamos tamén, xunto con outros Grupos de Desenvolvemento Rural, en proxectos de dinamización a nivel nacional e internacional.

Programamos actividades de formación, divulgación e sensibilización sobre os retos do noso territorio en canto a desenvolvemento rural; e traballamos nas estratexias, boas prácticas e posta en marcha de iniciativas para facerlles fronte.

O TERRITORIO

Os 13 concellos que conforman o GDR Montes e Vales Orientais abarcan toda a montaña lucense, o que son as comarcas naturais de Meira, A Fonsagrada e Os Ancares, e inclúe ademais o val de Láncara.

Un territorio que suma máis de 2.500 km cadrados e tan só 22.000 habitantes, cunha densidade de poboación moi baixa.

Mapa do GDR 3

O EQUIPO

Xunta Directiva

Presidencia: Carlos López López
Vicepresidencia: Sonia Cervantes Rivas
Secretaría: José Manuel Braña Pereda
Tesourería: Helena Picos Vilar

Vogalías:
Ángel E. Martínez-Puga
Agustín Méndez
José Fernández
José Luís Raposo
Darío Campos
Roberto Fernández
Salvador Ronda
Ana Álvarez
Ana María Varela
Román Sánchez
Fina Brañas
Isabel Calvete
Verónica Marcos
Iván Raposo
Xosé Antón Núñez
Nuria Fernández
Miguel González

Equipo Técnico

Xerente: Fe Álvarez Sánchez
Técnico: José Luís Fernández López
Administrativo: José Luís Pardo Rodríguez

Mesas sectoriais

  • Institucional.
  • Do sector agrogandeiro.
  • Do medioambiente, recursos naturais, deporte e actividades recreativas.
  • Do sector forestal e da multifuncionalide do medio rural.
  • De muller e igualdade.
  • De formación, mocidade, maiores e integración social.
  • Do turismo, artesanía, comercio, pequena empresa e desenvolvemento económico.
  • Do patrimonio, cultura, e etnografía.
  • Do sector veciñal.