- Conecta con nós
O NOSO TRABALLO
Grupo de Desenvolvemento Rural
Apoiamos iniciativas emprendedoras e traballamos para que a poboación se asente no territorio.
As nosas liñas estratéxicas pasan polo aproveitamento sostible dos recursos que hai no noso territorio:
- Consolidar o sector primario como garante do desenvolvemento social, económico e ambiental.
- Apoiar a consolidación do sector agroalimentario.
- Poñer en valor a meirande rede de espazos protexidos de Galicia a través do ecoturismo.
- Apoiar a creación e consolidación de empresas e servizos para a poboación rural.
- Loitar contra o despoboamento.
- Impulsar a formación e a creación de redes locais de traballo e cooperación.
ESTRATEXIA LEADER
O NOSO TERRITORIO
Montes e Vales Orientais
O GDR3 ten como ámbito de actuación 14 concellos da provincia de Lugo. Abarca a montaña lucense: as comarcas de Meira, A Fonsagrada e Os Ancares, e tamén o val de Láncara.
Este Grupo de Desenvolvemento Rural tamén é a entidade encargada de xestionar o Xeodestino Ancares – Terras de Burón. O territorio do GDR3 e do Xeodestino coincide na súa maior parte, a excepción dos concellos de As Nogais e A Pontenova.
NOVIDADES MONTES E VALES ORIENTAIS - GDR3
Actualidade
O GDR Montes e Vales Orientais impulsa a ‘Semana da Innovación con WhatsApp’ con catro concellos do territorio como protagonistas
Catro concellos do noso territorio acollen esta semana a ‘Semana da Innovación con WhatsApp’, unha cita gratuíta que organizamos desde o Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais e
O GDR Montes e Vales aposta polos viños de Terras do Navia dentro da cooperación das IXP de Galicia
Desde o GDR Montes e Vales Orientais estamos a participar activamente nun novo proxecto de cooperación que une ás cinco Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Viños de Galicia, coa finalidade
O GDR Montes e Vales Orientais súmase a XoGal: un escape room ao aire libre para dinamizar o territorio
Catro Grupos de Desenvolvemento Rural – Terra Chá, Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda e Seitura 22 – unímonos para lanzar XoGal, unha proposta innovadora de escape room ao
Programa Fogar Vivo: axudas para facilitar o acceso ao alugueiro rural
O Programa Fogar Vivo, impulsado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), ofrece unha nova oportunidade para transformar vivendas baleiras en fogares vivos. O obxectivo é claro: mobilizar vivendas
Inauguración do Parque da Poesía no marco do V Recital Poético Musical “SOS Castelo do Navia”
O pasado sábado, 7 de xuño de 2025, Navia de Suarna viviu unha das súas xornadas culturais máis especiais coa celebración do V Recital Poético Musical “SOS Castelo do Navia”,
PROXECTOS LEADER
Impulsando o territorio
Iniciativas produtivas e non produtivas do período 2017 – 2021.
