O GDR Montes e Vales Orientais impulsou a creación dunha Rede de Mulleres no territorio co obxectivo inicial de aportar perspectiva de xénero á estratexia de desenvolvemento local e involucrar ás mulleres no desenvolvemento rural do territorio. Hoxe, esta Rede suma máis de 100 mulleres que están a traballar ou vivir nalgún dos catorce concellos que forman parte do GDR.
Das xuntanzas iniciais xurdiu a petición de poñer en contacto ás mulleres de diferentes perfís e crear puntos de encontro para compartir, formarse, colaborar, aprender… por iso desde o entorno desta rede xa se levan impulsado diferentes encontros e actividades de formación.
A Rede de Mulleres en cifras
- Máis de 100 mulleres están xa na canle de Whatsapp na que se difunde a información de interese e as actividades que se organizan.
- 25 profesionais forman parte do directorio público de mulleres que hai na web do GDR e que se pode consultar aquí.
- Máis de 280 mulleres participaron nalgunha actividade impulsada desde a Rede. A maior parte delas repetindo participación en varias actividades.
Os próximos pasos da Rede de Mulleres
A Rede continúa configurandose en función dos intereses e implicación das mulleres que forman parte dela. Para esta parte final do ano estamos traballando en:
- Definir e concretar os obxectivos da Rede.
- Involucrar a novas mulleres no proxecto.
- Compartir aprendizaxes. Algunhas mulleres da Rede comparten voluntariamente os seus coñecementos en talleres ou cursos. Acabamos de realizar unha xornada de portas abertas para organizar diferentes grupos de conversa en inglés no territorio e está previsto un taller de iniciación ao márketing dixital e un taller de xestión do estrés.
- Un novo encontro da Rede antes de que remate o ano.
- Continuar impulsando o directorio de mulleres profesionais do territorio.
Únete á Rede de Mulleres do Territorio
A Rede de Mulleres do Territorio é un espazo de portas abertas, no que mulleres de todas as idades e perfís están convidadas a unirse, participar e involucrarse para facela medrar.
Se vives ou traballas nalgún dos 14 concellos nos que traballamos, únete á Rede de Mulleres do Territorio! Podes contactarnos no teléfono ou Whatsapp que temos para a súa coordinación: 622 54 09 68.