
Se tes un negocio ou realizas algún tipo de actividade no territorio do GDR Montes e Vales Orientais, participa en #TierradeOportunidades, unha iniciativa que impulsamos xunto con Caixabank.
Lanzamos unha nova convocatoria para apoiar o talento e o emprendemento local, cun apoio económico de 1.000€ para cada un dos 4 proxectos seleccionados. Ademais desta achega directa, os proxectos recibirán apoio na súa visibilización e divulgación, e poderán optar a participar noutras fases do certame.
Que tipo de proxectos poden participar?
A convocatoria está aberta a:
- Autónomos/as e sociedades.
- Persoas con actividade ou residencia nalgún dos seguintes concellos:
A Pontenova, A Fonsagrada, Meira, Ribeira de Piquín, Pol, Baleira, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, Láncara, Baralla e Pedrafita do Cebreiro. - Ter unha facturación menor de 300.000€.
- Ter un máximo de 10 persoas traballadoras.
Non importa a antigüidade do teu negocio: poden participar proxectos xa en marcha que teñan previsto facer unha nova inversión ou lanzar unha nova liña de negocio, ben ou servizo.
Como participar?
- Entra na web oficial do proxecto para consultar toda a información e descargar os modelos de solicitude.
- Cubre os documentos necesarios e envía a túa candidatura ao correo electrónico do GDR Montes e Vales Orientais: informacion@montesevalesorientais.gal
Data límite: martes 10 de xuño de 2025 ás 23:59 horas
IMPORTANTE: Non se aceptarán solicitudes fóra de prazo, incompletas ou presentadas por outra vía.
Precisas axuda?
O equipo técnico do GDR está á túa disposición para asesorarte durante todo o proceso. Podes contactar no teléfono:622 540 968
Esta é unha iniciativa impulsada por CaixaBank e o GDR Montes e Vales Orientais co obxectivo de apoiar o emprendemento e contribuír a fixar poboación no rural. Se tes unha idea, un soño ou un proxecto que merece medrar, este é o momento. Participa e dálle un pequeno empuxón!
